PROTOCOLO COVID-19. Tal e como se prevé no artigo 2 do regulamento adátase o protocolo covid ás recomendacións das autoridades sanitarias vixentes neste intre, quedando sen efecto as disposicións que as exceden. Séguese o protocolo FisiCovid da Federación Galega de Atletismo vixente. En resumo RECOMÉNDASE a utilización de máscara cando non se poida garantir a distancia interpersoal, e non será requerida documentación vencellada á Covid-19 no momento de entrega de dorsal.
Fila O a favor de Cruz Vermella Carballo que destinará o importe recibido a apoiar a cidadanía ucraína vítima da guerra que ten lugar no seu país.
PREMIOS
Premios en metálico:
- 1º clasificado 10K 300,00 € 1ª clasificada 10K 300,00 €
- 2º clasificado 10K 200,00 € 2ª clasificada 10K 200,00 €
- 3º clasificado 10K 100,00 € 3ª clasificada 10K 100,00 €
Récord da proba: 300, 00 € (Récord actual 32:02)
Tamén se premiará ós seguintes participantes:
- 1º carballés masculino Trofeo e Material Deportivo valorado en 150,00 €;
- 1ª carballesa feminina Trofeo e Material Deportivo valorado en 150,00 €
INSCRICIÓN VEHICULO ADAPTADO
- No momento da inscrición deben comunicar esta circunstancia á organización, así como se desexan entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán na táboa xeral de tempos.
- Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviarlle unha copia da tarxeta acreditativa de discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, aos correos electrónicos mbardanca@carballo.gal e secretaria@atletismo.gal
RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais e os chips recolleranse na zona habilitada a tal efecto no primeiro andar do edificio do mercado municipal na rúa Gran Vía (6876+7H Carballo) (43.213076, -8.688416) nas seguintes datas e horarios:
- O día da carreira dende as 8:00 h e ate 20 minutos antes da saída de cada categoría.
- En recollida anticipada o sábado 4 de xuño de 10:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 20:00 h.
Para a entrega é imprescindible estar en posesión do certificado de vacinación COVID ou a aportación do certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72h á celebración da proba ou ben a aportación de certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores a celebración da proba.
Un deportista poderá recoller varios dorsais a condición de acreditar a condición do párrafo anterior para o respectivo deportista.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Está prevista a prestación dos seguintes servizos complementarios:
- Punto de avituallamento durante o percorrido e na liña de meta.
- O servizo de duchas ó remate da carreira está na Pabellón Municipal Vila de Noia (6888+WF Carballo).
- Servizos de fisioterapia, condicionado á súa confirmación previa.